Anuncios
Ticker de novas

Paseo en vehículo clásico a cambio dun quilo de alimentos en Gondomar

Dende a Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe Rocío Cambra, e en colaboración co Club de Clásicos e Populares do Val Miñor, co fin de recadar alimentos para as persoas en situación de emerxencia social, o próximo sábado día 9 de decembro está programada unha actividade solidaria e lúdica a que se invita a participar a todas as persoas.

A partir das 16:00 horas desfilarán polas rúas do centro de Gondomar e polas parroquias lindeiras os clásicos e populares do Val Miñor. Todas aquelas persoas interesadas en tomar parte neste evento están invitadas a facer o percorrido abordo dun dos vehículos, a cambio doarán un quilo de alimentos co fin de axudar ás familias máis desfavorecidas.

Agradécese a participación e colaboración neste acto lúdico e a vez solidario.

Anuncios