Feijóo pide en Baiona un voto amplo, responsable e unido en torno a Ángel Rodal

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinala que ningún concello se pode dar por perdido e que todos se poden gañar se o voto moderado se une no Partido Popular.

Así, indicou que se pode gañar nos 313 concellos galegos se todos os que prefiren que os candidatos do PPdeG sexan alcaldes -e non os do PSOE, Podemos e BNG- se xuntan nas urnas e votan directamente ao PP. E é que, tal e como apuntou o líder do PPdeG, a división nas urnas só traerá o mesmo resultado que o pasado 28 de abril e moitos veciños terán así ao alcalde que non queren, como agora millóns de españois teñen ao presidente do Goberno que non querían.

Por iso, en lugar de votar diferentes partidos e restar concelleiros e posibilidades, Feijóo pediu a unión no Partido Popular para poder ter alcaldes e alcaldesas cos que nos identifiquemos, nos representen máis e xestionen mellor os concellos. “Divididos, perdemos e perderemos; pero unindo o voto no PP, gañamos e gañaremos”, continuou, referíndose á experiencia de hai catro anos e das recentes eleccións xerais, así como aos prognósticos das enquisas.

Do mesmo xeito que na nosa comunidade nin Ciudadanos, nas Autonómicas de 2016, nin VOX, o pasado 28 de abril, obtiveron escanos, Feijóo remarcou que non haberá en Galicia alcaldes nin alcaldesas destas formacións: “Mentres a división beneficia só aos que queren vencer dividíndonos, a unión beneficia a todos os galegos que queren alcaldes que se deban aos seus veciños e non aos pactos nos despachos”.

Do mesmo xeito que pediu o voto para os candidatos dos PP nas Municipais, tamén o pediu para o partido nas Eleccións Europeas, para que así os intereses dos concellos, de Galicia e de España estean mellor representados e máis defendidos.

UN VOTO AMPLO, RESPONSABLE E UNIDO EN TORNO A ÁNGEL RODAL

En Baiona, o líder do PPdeG destacou que a única barreira contra un goberno de socialistas con nacionalistas e con toda a constelación de mareas é un voto amplo, responsable e unido en torno a Ángel Rodal e ao PPdeG, “que ofrecen o que de verdade necesita este concello: estabilidade política, experiencia de xestión e un proxecto claro de cara á vindeira década”.

Neste senso, asegurou que, fronte aos demais partidos que tan só falarán nesta campaña de discrepancias e de asuntos do pasado, o PP estará centrado na responsabilidade, no crecemento económico e no benestar.

Anuncios