Tarde de teatro no Centro Cultural de Mañufe

A Asociación de Veciños San Vicente de Mañufe organiza este domingo 12 de maio a partir das 19:30 horas unha tarde de teatro coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Os asistentes ao obradoiro de memoria representarán a obra “Inseguridade Social”, e a continuación, o grupo teatral Entretés Teatro ofrecerá o espectáculo infantil “Mentiras e verdades”.

Anuncios