O BNG de Nigrán organiza un acto das letras en A Ramallosa en homenaxe a Antón Fraguas

Este domingo 12 de maio, a partir das 12 da mañá, na Alameda de San Campio en A Ramallosa, terá lugar un acto das letras organizado polo Bloque Nacionalista Galego da localidade, no que se pretende render homenaxe a Antón Fraguas, autor ao cal se dedica este ano o día das letras galegas.

O acto, ademais de lembrar a figura de Fraguas, servirá tamén para recuperar a celebración dos maios, coa elaboración dun maio popular, así como ornamentos florais e as tradicionais coplas, nun ambiente festivo acompañado de música popular. Xa pola tarde, unha vez confeccionado o maio, este será exhibido nas diferentes parroquias nunha “procesión” que busca achegalo a todos os lugares do concello.

Con esta celebración o BNG pretende colaborar na difusión da nosa cultura, as nosas letras e as nosas tradicións, dun xeito lúdico e participativo.

Anuncios