Alumnos da Aula de Inglés de Baredo obteñen a certificación Trinity College London

O pasado mes de xuño, alumnos da Aula de Inglés do Centro Cultural de Baredo realizaron os exames oficiais Trinity College London para obter a certificación en lingua inglesa.

O alumnado examinouse das catro destrezas esenciais para un bo coñecemento do idioma, nos niveis B1, B2 e C1 do marco común europeo.

Os exames Trinity son probas que outorgan títulos oficiais de inglés recoñecidos mundialmente mediante o Trinity College London, organismo fundado en 1877. A titulación obtida por este organismo, está recoñecida polo sector educativo, universidades e empresas tanto a nivel nacional como internacional. O Centro Cultural de Baredo ofrece desde o pasado mes de setembro, clases de inglés impartidas por unha profesora titulada e con experiencia, existindo a posibilidade de preparar e presentarse aos exames desta prestixiosa institución.

A matrícula xa está aberta para o próximo curso. Poden solicitar información no 690815835 ou no seguinte correo electrónico: info.englishteaching@gmail.com.

Anuncios