
Máis de 500 persoas encheron onte por completo o Auditorio Municipal de Nigrán para asistir á xuntanza de presentación da candidatura socialista de Juan González ás eleccións municipais. O acto arrancou cun emocionado recordo do candidato a revalidar a alcaldía a Alfredo Pérez Rubalcaba. «É un día difícil para a gran familia socialista pero persoalmente penso que, precisamente na memoria deste gran home de estado, debíamos manter este encontro que tiñamos comprometido cos veciños e recordar a súa figura», sinalou nun acto no que, ademais de debuxar as súas liñas de actuación para os vindeiros 4 anos presentou, un a un, a todo o grupo que conforma a súa candidatura.
Durante a cita, González estribou a súa estratexia na continuidade do seu equipo e reiterou que “a verdadeira campaña levámola realizando desde o inicio do noso mandato” e considera que a presentación realizada “supón un empuxón final”. E é que a lista presentada onte apenas difire da de 2015, na que só levaron a cabo a sucesión da edil de Turismo Ana Pérez por Nuria Lorenzo, que tamén ocupa o número. Así mesmo o alcaldable socialista mantívose confiado en romper “a dinámica política de Nigrán que leva vixente desde 2003”, referíndose á sucesión de mandatos en “cremalleira” que provocou a alternancia de PP e PSOE.
Así mesmo González afirmou que a súa reelección permitiríalles continuar con moitos temas que a día de hoxe atópanse sen solucionar. “O que non logramos facer ata agora non o imos a solucionar en dúas semanas”, afirmou. A presentación comezou coa proxección dun breve vídeo no que ilustraron os seus logros políticos durante os últimos catro anos. Posteriormente o candidato ofreceu un discurso de pouco máis de media hora de duración e máis tarde foi presentando a todos os compoñentes da lista. O acto finalizou cunha gran foto de familia.
Os socialistas de Nigrán continuarán hoxe no Torreiro de Priegue ás 20:30 horas coa súa xuntanza cos veciños.