Feijóo arroupará este domingo a Ángel Rodal no seu primeiro acto de campaña

Ángel Rodal convida a todos os veciños de Baiona este domingo 12 de maio ás 17:15 horas, ao acto que terá lugar no Parador de Baiona. É un acto público organizado polo Partido Popular no que se presentará a súa revista “4 Anos en Imaxes, 4 Anos de Traballo”. Ao acto asistirá o presidente Alberto Núñez Feijóo, e no mesmo expoñeranse os proxectos que se realizaron no últimos catro anos e os que están previstos para o futuro. Ao finalizar todos asistentes estarán convidados a un coffee break.