
O candidato popular á alcaldía de Nigrán, Carlos Abal, denuncia o estado de abandono ao que Juan A. González ten sometido á parroquia de Priegue, “unha nova mostra da incapacidade de xestión e o deixamento do goberno socialista, máis preocupado por sacarse fotos que polo mantemento de infraestruturas e servizos públicos, nesta ocasión na parroquia de Priegue”, lamenta o candidato popular.
“Estes son algúns dos exemplos da desidia do goberno do PSOE, como a falta de mantemento no parque infantil de O Cruceiro, un camiño totalmente invadido polos helechos e outro con fochas producidas polo paso de augas subterráneas na Mamoa ou o lamentable estado de abandono e sucidade dun lavadoiro municipal, tamén na Mamoa”, engade Abal.
“Unhas imaxes que, lamentablemente, convertéronse en habituais en todas as parroquias do municipio, non só en Priegue, e que poñen de manifesto a incapacidade de xestión e a despreocupación absoluta do goberno socialista polo coidado e o mantemento do infraestruturas, servizos e patrimonio municipais”, conclúe o candidato popular.