O pasado domingo celebrouse no Campo de Rugby de Barcia en Lalín o Campionato Galego de Tiro con Arco Tradicional e Espido ao aire libre, organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco e Arkeiros do Deza, cun total de 69 participantes chegados de todas as provincias de Galicia. Como novidade nesta tempada estreouse un novo formato en canto a número de frechas por quenda, distancias e dimensións de diana, e ademais cun día espléndido e sen incidencias.
Nas categorías inferiores os seteiros do club baionés BaiArco, Aarón Carneiro (Benxamín – Long Bow), e Benjamín Carneiro (Benxamín – Arco Recurvo Espido), xunto con María López (Infantil – Arco Recurvo Instintivo), do club lalinense Arco Celta, e Lucas Santos (Alevín – Arco Recurvo Instintivo), do club Su A Agra de Zas A Coruña.
Todos eles cunha excelente actuación, en especial María – Arco Celta cunha puntuación de 252 puntos e que xa fixo unha excelente actuación no pasado Campionato Galego de Sala, seguido de Benjamín – BaiArco cunha puntuación de 169 puntos e moi de preto Lucas Santos – Su A Agra con 159 puntos e por último Aarón Carneiro – BaiArco con 91 puntos.
En cadete Adrián Millán – Club Meigarco – Arco Espido con 142 puntos e que estrea esta tempada categoría e maiores distancias.
Cada un deles en primeira posición na súa categoría e arroupados por un experto equipo de xuíces.
Un aplauso para todos eles xa que representan a arquería tradicional en categorías inferiores en Galicia, sendo moi importante que desde a FGTA e Clubs anímense a achegar máis seteiros nestas categorías e apoiar a continuidade dos actuais.






