
O Concello de Nigrán está a levar a cabo as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga ata o CEIP da Cruz, en Camos, estando previsto que rematen na vindeira semana e que a continuación estea operativo o servizo. O Centro educativo fornecíase dende a súa inauguración no ano 1983 de pozos e depósitos, tendo que empregarse un sistema propio de cloración, segundo a normativa actual, supervisado dende o Concello e co conseguinte risco de quedar sen auga nos tempos de seca. Precisamente, no mes de marzo, o Concello levou adiante a mesma actuación no CEE Juan María de Parada, polo que a totalidade dos colexios do municipio teñen xa abastecemento municipal.
As obras actuais consisten en instalar 350 metros de tubaxe de polietileno dende as marxes da rúa Baleazas ata o centro, aproveitando que o núcleo de San Román (Priegue) sí ten abastecemento municipal.
“Esta obra era unha prioridade para o Concello e tamén foi pedida dende a dirección do centro, xa que aínda que a auga coa que contan é óptima, debe someterse a unha cloración propia que esixe a normativa e, en caso de seca, o subministro periga”, explica González, quen insiste no seu compromiso de levar o abastecemento a todas as parroquias.
“Estamos comprometidos cos centros educativos de Nigrán. Recentemente asfaltamos un acceso ao CEIP da Cruz dende San Roque porque así o demandaban os pais e agora emprendemos esta outra obra”, resume González.