Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar informan da apertura do prazo de presentación de solicitudes do servizo de comedor escolar e material escolar infantil para situacións de emerxencia social, correspondentes ao vindeiro curso 2019-2020.
Todas aquelas familias interesadas poden presentar a solicitude dende o próximo día 13 de maio ata o 21 de xuño, ambos inclusive, sendo este o prazo estipulado ao que se terán que acollerse os interesados para optar á praza de comedor escolar e ás axudas de emerxencia social de acordo coa Ordenanza Municipal de Emerxencia Social, aceptando fóra de prazo só aqueles casos por causas debidamente xustificadas (cambios de domicilio, traslado de expediente, situacións de emerxencia etc..).
O lugar de presentación de solicitudes será no Departamento de Benestar Social, na planta baixa da Casa da Cultura, teléfono 986 360 168, correo electrónico ssocial@concellodegondomar.com.

