Galicia en Danza gaña na categoría júnior de Vigo Porté con “Another day of sun”

A escola de baile Galicia en Danza de Baiona alzouse co premio Vigo Porté 2019 (outórgao o Presidente do Xurado) da Categoría Júnior da 8ª Edición do Trofeo de Baile Cidade de Vigo disputada onte sábado coa súa coreografía “Another Day of Sun” (primeiro premio da disciplina “Musicais”) e onde competía con outros 105 espectáculos. Esta escola de baile tamén se alzou co primeiro premio na disciplina de “Lírica”, “Folkore” e “Fusión”. Durante os tres días de competición foron premiadas once coreografías de Galicia en Danza, cinco na Categoría Infantil, outras cinco en Júnior e unha en Absoluta. Seis delas recibiron o primeiro premio, tres o segundo, e dous o terceiro.

Categoría Infantil, disputada o venres:
• Primeiro Premio en Disciplina Lírica: coreografía “Boom boom”
• Segundo Premio en Disciplina Lírica: coreografía “Arrival”
• Terceiro Premio en Disciplina Lírica: coreografía “Barroco”
• Primeiro Premio en Disciplina Folclore: coreografía “Can Can”
• Terceiro Premio en Disciplina Fusión: coreografía “To Love”

Categoría Júnior, disputada na xornada do sábado:
• Primeiro Premio en Disciplina Lírica: coreografía “Queda prohibido”
• Primeiro Premio en Disciplina Folclore: coreografía “Tarantella”
• Primeiro Premio en Disciplina Musicais: coreografía “Another Day of Sun”
• Primeiro Premio en Disciplina Fusión: coreografía “Holding out for a hero”
• Segundo Premio en Disciplina Fusión: coreografía “West, west, west”

Categoría Absoluta, disputada na mañá do domingo:
• Segundo Premio en Disciplina Musicais: coreografía “Luces, lentejuelas y acción”

Gala Vigo Porté 2019

Esta tarde a partir das 19:00 horas terá lugar a Gala Vigo Porté 2019 na que participarán as coreografías gañadoras de cada disciplina, os 3 premios Vigo Porté de cada categoría (infantil, júnior e absoluta) e unha coreografía por cada categoría que foi outorgada cun Pase de Gala.

Ademais, o opening realizarao a Compañía de Danza Porté que estarán acompañados en directo pola Banda de Música de Chapela ofrecendo un pequeno fragmento do espectáculo que estrearon a semana pasada: Músicas e Danzas do Mundo.

Durante os tres días de competición de Vigo Porté 2019, participaron máis de 1.200 participantes de 55 centros de danza diferentes de todo o mundo que bailaron máis de 200 coreografías. Durante o certame repartíronse máis de 10.000 euros en premios e a edición deste ano obtivo categoría de certame mundial grazas á presenza de Chile. Esta edición puido seguirse por primeira vez por streaming.

En palabras de Lorena López, Directora do evento Vigo Porté, “as coreografías deste ano foron dun altísimo nivel e dunha gran calidade superándose ano tras ano. Vigo converteuse durante estes dous días en capital da danza”. Lorena López avanzou que a 9ª edición de Vigo Porté terá lugar os próximos 3, 4 e 5 de abril de 2020 con tres días completos de competición.

Anuncios