Dous segundos premios para LDanzia de Gondomar no Vigo Porté

A Escola de Danza LDanzia de Gondomar conseguiu dous segundos Premios Vigo Porté da categoría infantil da 8ª Edición do Trofeo de Baile Cidade de Vigo, disputada este venres pola tarde e na que competía con outras 50 coreografías.

A escola gondomareña, dirixida pola profesora Lorena Benítez, sorprendeu ao xurado cunha impoñente posta en escena na súa coreografía “Ninja Power”, que levou o segundo premio na Disciplina Urbana, mentres que a titulada “Sing”, fíxose co segundo premio en Disciplina Musicais e BSO. LDanzia tamén competiu na xornada do sábado, presentando na categoría júnior as coreografías “Level Up” e “Toy”.

Ao Auditorio Mar de Vigo acudiron máis de 7000 persoas, que puideron gozar do mundo da danza. O domingo darase broche final coa Gala de peche de Vigo Porté. Máis de 1.200 participantes de 55 centros de danza diferentes compiten durante estes tres días con máis de 200 coreografías e tentarán facerse co 8º Trofeo de Baile Cidade de Vigo. No certame repartiranse máis de 10.000 euros en premios.

2019-05-05 - IMG-20190504-WA0096

Anuncios