Castro e Ladeira organiza a III Festa dos Callos en Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza a próxima fin de semana a III Festa dos Callos no Torreiro da Rúa José Pereira Troncoso. O atractivo do evento, que se celebrará baixo unha carpa os días 11 e 12 de maio desde as 10:00 ata as 22:00 horas, serán os callos, pero para os que non lles apeteza haberá outras opcións. O evento estará amenizado con música en directo, e o sábado, celebrarase o Día das Letras Galegas cun serán ás 21:30 horas no que participación grupos de música tradicional do Val Miñor.