Campaña a prol da compostaxe en Gondomar

O alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4º de ESO do IES Plurilingüe Terra de Turonio está a desenvolver unha campaña a prol da compostaxe en Gondomar, co obxectivo de activar o uso das dúas composteiras comunitarias existentes no centro urbano da Vila Condal. Deseñouse un logo do que se fixo un imán, un tríptico explicando distintos aspectos da compostaxe, e distintos carteis e panfletos para repartir e pegar nos distintos locais de Gondomar. Toda esta información será exposta no congreso de compostaxe do Proxecto Revitalízate da Deputación de Pontevedra que terá lugar na última semana de maio.