Luisa Abad presenta o libro «Limaduras de prata» no IEM

Este venres 27 de outubro, ás 20:00 horas e na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, o IEM acolle a presentación do libro poemario “Limaduras de prata” escrito por Luisa Abad. Acompañarán á autora Mercedes Leobalde, escritora, M.J. Pérez, cantante, e Bruno Centelles, membro do IEM, como presentador do acto.

Luisa Abad naceu no ano 1951 e traballou durante 40 anos no eido da educación. “Limaduras de prata” é un poemario que esta coruñesa escribiu durante o tratamento dun linfoma. Agora, a autora está a percorrer diversos puntos de Galicia para presentar unha obra repleta de experiencias, sensacións e emocións, tratando de impulsar a súa venda xa que, toda a recadación será destinada á Asociación Española contra o Cancro e aos proxectos de investigación que promove.