O BNG de Gondomar vén de presentar a súa candidatura ás eleccións municipais

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar publicamente a súa candidatura ás eleccións municipais que encabeza Manuela Rodríguez Pumar.

No acto de presentación, a candidata á alcaldía manifestou sentirse orgullosa de encabezar esta equipa de persoas comprometidas e capaces, que farán posible o obxectivo de “recuperar a representación do BNG no Concello, cunha presenza determinante para a formación dunha maioría de goberno participativo, transparente e que atenda ás necesidades da veciñanza”.

Nos primeiros postos da candidatura acompañan a Manuela Rodríguez: Pablo Durán, Mercedes Domínguez, Xurxo Antúnez “O Terrible”, Helena Quintas, Alfredo López ”Tokio”, Fina Álvarez, Daniel Domínguez, Mercedes Fernández e Xavier G. Guinovart.

Encontros veciñais e sectoriais. #FalaGondomar

O BNG está a realizar encontros parroquiais e sectoriais para a elaboración do programa a través da participación e das achegas dos colectivos sociais do concello de Gondomar. Ademais, para posibilitar a participación das veciñas e veciños, tamén a nivel individual, teñen aberta a canle #FalaGondomar, nas redes sociais do BNG e no número +34 690 90 87 49 a través do WhatsApp, a onde poden facer achegas en forma de texto, fotos e vídeos.