Andaina polo Rexurdir do Galiñeiro con plantación incluída

O Club Deportivo Vincios organiza o sábado 4 de maio a Andaina polo Rexurdir do Galiñeiro, que dará comezo ás 9:30 da mañá cunha duración aproximada de 4 horas. A Andaina será por un percorrido circular de 12 quilómetros (Vincios-Monte Galiñeiro-Vincios), con saída e chegada no Campo de Fútbol de A Pasaxe en Vincios.

Poderán participar todas as persoas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados dun adulto ou sos con permiso por escrito de pais ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.

Esta Andaina non será competitiva, todos os participantes recibirán un avituallamento na metade do percorrido e terá lugar unha plantación de 45 frondosas doadas por Viveiros Adoa na zona do Bosque dos Nenos coa colaboración da Comunidade de Montes de Vincios, e ao remate unha bolsa de xantar con bocadillo de chourizo asado, iogur e botella de auga).

As inscricións poden realizarse no correo manolovincios@gmail.com, indicando nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, teléfono de contacto, e-mail, e no caso de menores de 14 a 18 anos que veñan sos achegarán ademais permiso de pais ou titores, ou no teléfono ou WhatsApp 699 670 085 (Manolo).

O prazo de inscricións remata o propio sábado ás 9:00 da mañá. O prezo de colaboración de 5 € inclúe seguro de accidentes, seguro de responsabilidade civil, avituallamento e bolsa de xantar. O pago farase persoalmente no Campo de Fútbol de A Pasaxe (Vincios) antes da saída.

O C.D. Vincios poñerá a disposición dos participantes aparcadoiro e vestiarios con duchas e baños.

Anuncios