A pasada fin de semana, o Acro Club Nigrán participou no Campionato Galego Base con 4 Equipos e na I Copa Galicia Escolar con 5 Equipos.
No Campionato Galego Base, o Trío Feminino Infantil (Ariadna Davila, Andrea Durán e Blanca García) quedou a 0,1 do Terceiro Posto quedando en 4ª posición cun 22,867.
Doutra banda, na I Copa Galicia Escolar, a Parella Feminina Benxamín (Aroa Lago e Blanca Santos) obtivo a 1ª posición cun 23,517; o Trío Feminino Benxamín (Alicia García, Carolina Santos e Jimena Sánchez) quedou cun 4º posto cunha nota de 21,917, sendo a primeira competición das ximnastas; a Parella Feminina Alevín (Ada Zapatero e Sara García) levou a 2ª posición cun 24,017, novamente quedaron a 0,1 de ser as campioas; e por último, a Parella Feminina Infantil (Yara Diestelhorst e Mónica Fernández) subiu ao podio proclamándose campioas da I Copa Galicia Escolar cun 23,083.
“Puidemos notar que a nosa calidade e nivel subiron desde que adestramos co Tapiz. As notas obtidas en ambas as dúas competicións demóstrao, xa que hai gran diferenza con respecto a anteriores participacións como no IV Open Madrid e a III Copa AcroAstur”, destaca Aarón Castro, presidente do club. “Estamos moi orgullosos da gran actuación das ximnastas. Sabemos que aínda hai moito traballo por diante para conseguir estar á altura dos grandes clubs, pero imos polo bo camiño e aos poucos conseguiremos os nosos obxectivos”.




