A OMIX de Baiona informa sobre os campamentos de verán da Xunta de Galicia

O Departamento de Xuventude do Concello de Baiona informa de que a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de solicitudes dos Campamentos de Verán 2019, destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.

Os campamentos desenvolveranse tanto en Galicia como fóra de Galicia, e se contemplan descontos no prezo, tanto para os posuidores do carné xove, como para as familias numerosas. Así mesmo, se contemplan quendas de inclusión para a mocidade con discapacidade.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 7 maio, e as solicitudes poden tramitarse na OMIX, sita no 2º andar da casa do concello, con teléfono 986 385 921.

Anuncios