A Deputación achega a Nigrán 67.000 € de fondos europeos para renovar 169 luminarias

A presidenta da Deputación informou esta mañá de novas achegas do Fondo Social Europeo por valor de 712.373,15 euros para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Tui, A Guarda, Nigrán, Barro, Cambados, Caldas, Portas, Rodeiro, Meis e Salvaterra. Estes novos recursos enmárcase no proxecto europeo que lidera a institución provincial que, cun orzamento total de 4 millóns de euros, vai impulsar a eficiencia enerxética en 43 concellos da provincia. Máis polo miúdo, con estas novas achegas en Nigrán actuarase en 169 luminarias que supoñen un aforro enerxético do 66% e un investimento de 67.287,64 €.

Coa nova aprobación de 712.373,15 euros, que se suma aos 1,72 millóns de euros xa concedidos a comezos de abril, a Deputación dispón de 2.432.373,10 euros para substituír 6.134 puntos de luz por luminarias LED que xerarán un aforro estimado do 61% en 34 concellos da provincia. Así, xunto aos dez concellos para os que se veñen de aprobar recursos, tamén se benefician xa do proxecto Tomiño, Covelo, Meaño, Poio, Vilanova de Arousa, O Porriño, Silleda, Pontecesures, Crecente, As Neves, Oia, Arbo, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Mos. Moraña, Baiona, Soutomaior, Mondariz, Pazos de Bordén, Moaña, O Rosal e Cuntis.

Anuncios