O Laroca disputa este sábado a derradeira xornada da liga galega de xadrez

Este sábado, unha vez rematados os campionatos galegos na localidade de Padrón, na que os miñoráns competiron na categoría sub 16, na que participaron 74 xadrecistas con unha boa actuación en xeral, ocupando Artai Bringas a sétima posición, Mauro Sanromán o posto 18, Ricardo Fernández o posto 25, Guillermo Cousido o posto 28 e Ana Fernández o posto 55, celébrase a derradeira xornada da liga galega de xadrez.

Na primeira división o equipo do Laroca A desprázase a Mondariz para enfrontarse ao equipo do Xadrez Marcote-Hotel Cemar. Os laroqueiros, unha vez conseguido o obxectivo da permanencia, intentarán manter a quinta posición da clasificación.

Na segunda división vai ser unha xornada de moitos nervios xa que xóganse dúas prazas de descenso entre seis equipos, no que está implicado o Laroca B, que se despraza a Vilagarcía para enfrontarse ao CXF-Deportes Rodas, mentres que o Laroca C xoga na sede de Cotros ante o Xadrez Altamira.