Juan González aposta pola continuidade na súa lista electoral para revalidar a alcaldía de Nigrán

O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás municipais de maio, Juan González, aposta pola continuidade na súa lista para concorrer ás eleccións do 26 de maio despois de catro anos nos que, como goberno, traballaran arreo conforme ao “Nigrán para todos” que sempre buscaron conseguir.

«Teño claro que nos quedan moitas cousas por facer, moitas cousas por facer xunto aos veciños e veciñas. Somos un equipo unido e solvente cun proxecto en marcha dende 2015 que non se pode parar, temos por diante un futuro prometedor e cheo de retos que cumprir «, sinala Juan González, alcalde socialista de Nigrán e que, novamente, se compromete «cen por cen» co municipio. «O noso xeito de gobernar e xestionar xa quedou reflectido neste tempo e seguirá así, situando ás persoas por riba de todo. Agora buscamos a maioría suficiente que nos permita axilizar todos os proxectos que temos en marcha e os que queremos iniciar xa».

Así, nesta lista que concorre ás eleccións do 26 de maio repiten nos mesmos postos Raquel Giráldez Armas, actual tenente de alcalde, concelleira de Facenda, Desenvolvemento Local e Contratación no número 2; Diego García Moreira, concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal no número 3; Rubén Rial Sánchez, concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade no número 4; José Luis Sanromán Román, concelleiro de Educación e Deportes no número 6; e Alfonso Vázquez, concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio no número 7. Como novidade, incorpórase no número 5 Nuria Lorenzo, veciña de Chandebrito catedrática de Canto, solista e directora coral. Os seguintes postos o conforman persoas tamén moi comprometidas socialmente e que pertencen as filas do PSOE, como as mestras Bibiana Peixoto e Marina Vidal no número 8 e 9 respectivamente. Patricia Diego Travieso Cristina Dosil María Mayán Areal

«Nigrán está en marcha, un Nigrán para as persoas está en marcha e buscamos a maioría suficiente para poder continuar construíndoo», sinala González, quen sitúa novamente «a transparencia e participación veciñal como eixo transversal da acción política nos vindeiros catro anos».

CANDIDATURA SOCIALISTA
Juan A. González Pérez
(Alcaldía) San Pedro
2. Raquel Giráldez Armas
Panxón. Teniente de Alcalde.
3. Diego García Moreira
Camos. Concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal.
4. Rubén Rial Sánchez
Nigrán. Concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade.
5. Nuria Lorenzo López
Chandebrito. Catedrática de Canto, solista e directora coral.
6.- José Luis Sanromán Román
Priegue. Concelleiro de Educación e Deportes.
7. Alfonso Vázquez Pérez
Parada. Concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio.
8. Bibiana Peixoto Iglesias
San Pedro – Vilariño. Mestra.
9.Marina Vidal Lorenzo
Panxón. Mestra.
10. Patricia Diego Travieso
San Pedro. Perruqueira.
11. Cristina Dosil Valverde
Parada. Empregada automoción.
12. María Mayán Areal
Priegue. Auxiliar de enfermaría.
13. Ladislao Alonso Valverde
San Pedro. Xubilada.
14. Mariluz Pérez Vidal
Camos. Cociñeira.
15. José Fernández Rodríguez
Nigrán. Xubilado.
16. Luciano Iglesias Costas
Chandebrito. Xubilado.
17. Auri Brión Toucedo
Panxón. Ordenanza.
18. Jesús Costas Grabín
Xubilado. Nigrán.
19. Joaquina Barros Sanromán
Panxón. Secretaria de Alcaldía. Diplomada en Relaciones Laborales.
20. Rafael Castro de la Cruz
San Pedro. Licenciado en Químicas.

Anuncios