O Valladares e o Val Miñor gañan o Torneo RacVil Homenaxe a Poli

O campo de fútbol de San Pedro, en Nigrán, acolleu esta fin de semana o Torneo RacVil Homenaxe a Poli, organizado polo Racing Vilariño. No campionato participaron os equipos do Vilariño, Val Miñor, Erizana, Salvaterra, Pereiró, San Miguel, Valladares, Alcabre, Tomiño e Coruxo. O venres celebrouse o VIII Torneo Cadete, no que resultou vencedor o Valladares, e o sábado a IX edición do Torneo Infantil, no que se proclamou campión o Val Miñor. En ambas as dúas xornadas celebrouse a fase de grupos de maneira ininterrompida. A continuación disputáronse as semifinais, e a última hora da tarde, a final. As dúas xornadas finalizaron coa entrega de trofeos.