Novos Aires de Couso organiza unha churrascada

A Asociación Novos Aires de Couso organiza unha churrascada o vindeiro domingo 28 de abril na Casa Veciñal a partir das 14:00 horas. O prezo é de 10 euros para os socios e de 12 euros para os non socios, e de 5 euros para os nenos e nenas de 6 a 12 anos. As reservas poden realizarse ata o 24 de abril no teléfono 609 90 36 35.