Excursión a Arcos de Valdevez e Ponte de Lima da Comisión de Festas de Santa Cristina

FOTO: CIVITATIS // Ponte romana de Ponte de Lima.

A Comisión de Festas de Santa Cristina de Sabarís organiza unha excursión a Arcos de Valdevez e Ponte de Lima o vindeiro domingo 12 de maio. O prezo é de 36 euros por persoa, incluíndo transporte en autocar, comida en restaurante e entrada nos xardíns International Garden Festival. As reservas poden realizarse nos teléfonos 671 288 324 (Luis) e 686 612 916 (María).

A saída será á primeira hora da mañá en dirección á vila portuguesa de Arcos de Valdevez, situada nun val atravesado polo río Vez, onde se poderá ver entre outros os Hórreos de Espigueiros de Soajo. Continuarán cara a Ponte de Lima, onde xantarán nun restaurante. Pola tarde visitarán a localidade e os xardíns International Garden Festival. A última hora da tarde, comezará a viaxe de regreso.

Anuncios