A OMIX de Nigrán tramita as solicitudes para os campamentos de verán da Xunta

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2018 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os campamentos están destinados a mozos e mozas nados entre os anos 2001 e 2010. O período de inscrición comeza o día 23 de abril e remata o día 7 de maio. Para máis información e/ou presentación de solicitudes as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, teléfono 986 383 081.