
O Baíña Fútbol Sala convoca eleccións para o vindeiro domingo 12 de maio. Unha vez finalizado o período polo que fora elixida a actual directiva, poñerase en marcha un período para escoller á nova directiva que será a encargada de dirixir o club os próximos anos. Segundo marcan os estatutos do club ábrese o prazo aos socios para presentar candidaturas durante os seguintes 15 días, e será o día 12 de maio cando se produzan as votacións en caso de existir máis dunha candidatura.
Na actualidade a Xunta Directiva está composta por Santi Rodríguez, Javier Rubinos, Javier Domínguez, Martín Silva, Óscar de la Iglesias, Marcos Vasconcellos, Gerardo Santiso, Ana Iglesias, Javier Goce, Álex González, Miguel Argibay e Francisco Silva. O actual presidente, Santi Rodríguez, xa anunciou que non seguirá formando parte da Xunta Directiva saínte, do mesmo xeito que outros compoñentes da directiva que por motivos laborais non poderán seguir formando parte do grupo directivo. A nova directiva terá a misión de seguir traballando polo fútbol sala na Vila, o club conta na actualidade con máis de 100 nenos e 30 xogadores sénior.