Nigrán recoñece aos seus deportistas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Foto de familia da I Gala do Deporte de Nigrán.

O Concello de Nigrán celebrou este sábado no Auditorio Municipal a súa primeira Gala do Deporte, na que se premiaron a 40 deportistas de todo o municipio que son referentes en diferentes disciplinas, e que contou coa música do grupo miñorano The Mirror, con temas propios de funk, rock ou soul. Todos eles recibiron unha reprodución do emblemático mosaico romano de Panxón, que o goberno local tenta recuperar despois de localizalo nun gran anticuario de Nova York tras case dúas décadas en paradoiro descoñecido, no que se representa maxistralmente fauna mariña na que destaca un colosal peixe (un muxo) e unha parella de ameixas.

Elena Costas e Iván Roade foron recoñecidos en Atletismo; Lúa Álvarez Domínguez e Breixo Álvarez Domínguez en Xadrez; Sara Vidal Alonso e Víctor Villadóniga en Baloncesto; Laura González Puga e Jairo Fernández Rodríguez en Bolos Celta; Adrián Valverde en Ciclismo; José Manuel Maciel Comesaña en Colombofilia; o Club Bar Siglo XXI en Dardos Electrónicos; Alejandro Nande en Hípica; Laura Trabazos en Fútbol; Carla Zamora Cubelas en Fútbol Sala; Esperanza Acevedo Lomba e Marcelino Giráldez Gómez en Petanca; Cristina Iglesias e Gony Zubizarreta en Surf; Eugenia Rodríguez e Luis Hernández “Chitín” en Tenis; Patricia Pérez en Tiro con Arco; e o Acro Club Nigrán en Ximnasia Acrobática.

Tamén houbo seis mencións especiais coas que se homenaxeou a persoas retiradas ou clubs extintos que marcaron a vida deportiva do municipio. Así, rendeuse tributo aos dous históricos presidentes dos clubs de fútbol Racing Vilariño e Priegue Club de Fútbol, Jorge Souto e Odilo Dosil, respectivamente; aos atletas Javier Álvarez e Loli García, el olímpico en México 68 e Munich 72 e ela campioa de diferentes títulos nacionais e europeos e bronce en 5.000 metros nos Mundiais de Búfalo 1995. Ademais, nas mencións especiais a clubs xa desaparecidos figuraron o Club Dunas de Balonmán, fundado en 1974 por Pepe Villar con participación en diferentes campionatos galegos e diversos trofeos conseguidos; e o Club Bádminton Nigrán, que durante 12 anos proporcionou xogadores á selección española e galega.

Finalmente, o Club Deportivo Juan María foi recoñecido como Mellor Club Inclusivo; a Bocatería Lalo’s pola súa Colaboración co Deporte; Jorge Otero pola súa Traxectoria Deportiva; o Torneo Nacional de Bolos Celta como Mellor Evento do Ano; e o Val Miñor Xuvenil como Mellor Club Deportivo. Yago Senra Silva e Manuel González González recibiron o premio ao Deportista Revelación masculino e feminino respectivamente; José Ignacio Fernández “Nacho” foi o Mellor Deportista Inclusivo; e María Lafuente Pelaez, Santiago Comesaña e Kevin Vázquez, os Mellores Deportistas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.