Anuncios
Ticker de novas

Novo éxito do deporte e a solidariedade de man do CB Nigrán

O baloncesto en Nigrán mostrou unha vez máis a súa cara máis solidaria. O Club Baloncesto Nigrán organizou xunto á Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Nigrán a V edición do Torneo Basket Sen Barreiras, que se celebrou os días 15 e 16 no Pavillón Municipal de Panxón cun carácter solidario e un dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar alimentos para o banco de alimentos de Nigrán. O torneo contou ademais coa colaboración do Club Baloncesto AMFIV e o Centro Juan María.

Nesta V edición do Torneo Basket Sen Barreiras, o Club Baloncesto Nigrán quixo unha vez máis inculcar aos seus participantes a idea de que ningunha barreira física ou mental pode impedir a práctica dun deporte á vez que mostraban o seu lado máis solidario achegando alimentos para as familias de Nigrán que o poidan necesitar.

Á clausura asistiron o alcalde de Nigrán, Juán González, Rubén Rial, concelleiro de Vías e Obras, e Luis Sanromán, concelleiro de Deportes, para facer entrega dos trofeos e medallas a todos os participantes. A directiva do CB Nigrán manifestaba a súa gran satisfacción cun novo éxito deste Torneo. Dúas xornadas de verdadeira inclusión, compañeirismo, deporte e solidariedade.

Anuncios
error: Contido protexido