Anuncios
Ticker de novas

A Biblioteca de Baiona celebra o Día do Libro cun contacontos

A Biblioteca Municipal e Arquivo Histórico de Baiona celebra o vindeiro martes, 23 de abril ás 18:00 horas, o Día Internacional do Libro, cunha actuación de “Teatro de Papel”, con contacontos acompañado de zanfona en directo inspirada nos textos da propia biblioteca.

A actividade está dirixida para todos os públicos e búscase que os asistentes pasen un día entretido e diferente. O fin desta iniciativa é achegar ao público á lectura, animándoos a adquirir este hábito, xa que desde o Concello de Baiona cren que é especialmente importante captar a súa atención, espertar neles a curiosidade e facer que se familiaricen coa biblioteca.

A función desempeñada polas bibliotecas evolucionou co tempo, convertéronse en centros moito máis dinámicos onde se ampliou o concepto de fondo, tradicionalmente formado soamente por libros.

Anuncios
error: Contido protexido