O Team Spain Meridiano Raid Randobike gaña o PontevedRaid Val Miñor

Nigrán foi sede este fin de semana da segunda proba da Liga Nacional de Raids de Aventura, apoiada pola Federación Española de Orientación (FEDO) e a Galega co apoio do Consejo Superior de Deportes e LaLiga4Sports e o propio Concello de Nigrán.

A primeira parte da proba, con saída as 12:00 horas dende o peirao de Panxón, desenvolveuse en kayak pola baía de Panxón-Lourido ata o Esteiro da Foz, continuou cun treking por Monteferro para saír en bicicleta ata Monte Castelo e o Galiñeiro. A meta tivo lugar as 6:00 da mañá do domingo no Colexio de Panxón despois de 18 horas de competición sen paradas para completar un percorrido exixente combinando kayak, escalada, BTT e trekking.

Á dureza dos 160 quilómetros houbo que engadirlle as inclemencias do tempo, un día que foise complicando a medida que se achegaba a noite, con vento, choiva e unha néboa moi densa que dificultou enormemente a navegación dos equipos nas zonas máis altas.

Na proba absoluta elite venceu o equipo de Bejar “Team Spain Meridiano Raid Randobike” seguido do “Endurance VK Bikes Nipocar” e o “ExtremaRaid Alcor Élite” e na Aventura Mixto resultou vencedor o “Gallaecia Raid Pedasi Paradise” seguido do “R. Puerto Guardés Vizhoja-Cornelios” e o “Sopels Team”. Por último en Aventura masculina os gañadores foron o “Los vettones Alcor” e en feminino “Valkirias”

«Un fin de semana no que Panxón e Nigrán enchéronse de case 200 deportistas e as súas familias o que se converteu nunha magnífica oportunidade para dar a coñecer Nigrán entre os corredores de fóra e para promocionar este deporte», sinalou Juan González, alcalde de Nigrán, que na clausura do mesmo agradeceu a colaboración de Policía Local, Protección Civil e do CEE de Panxón e CEIP Arquitecto Palacios, do Camping Playa América e por suposto do Club Aromon e indicou a intención do concello de volver en 2020 co II RAID Nigrán.

Anuncios