Dende Manifesto Miñor-En Marea presentan unha candidatura formada por persoas do común e comprometidas cun cambio no Concello de Baiona. Trátase dun grupo de mulleres e homes convencidos da necesidade dunha alternativa para transformar Baiona nun Concello para a veciñanza.
| 1 | ANTONIO JOSÉ -NANO- | ESPINAR MOURE |
| 2 | EUSEBIO | OTERO SOLLA |
| 3 | TANIA | CHAMORRO GONZÁLEZ |
| 4 | MARÍA BEGOÑA | RATEL PIÑEIRO |
| 5 | CRISTIAN | ALONSO PAZ |
| 6 | BEATRIZ EUGENIA | OTERO SIXTO |
| 7 | ESTEBAN ANDRÉS | VELASCO CASTRO |
| 8 | ANA MARÍA | COSTAS CASTRO |
| 9 | ANGEL MANUEL | RODRÍGUEZ COSTAS |
| 10 | SERGIO GUSTAVO | ALONSO ALLI |
| 11 | MARTÍN | GÓMEZ CANEDA |
| 12 | CARMEN | BARROS DOPAZO |
| 13 | JOSE MANUEL | LAGO VILLA |
| 14 | INMACULADA CONCEPCIÓN | OPAZO REDONDO |
| 15 | MIGUEL -MUQUI- | MACIEL CARNEIRO |
| 16 | MARÍA | MONTENEGRO PÉREZ |
| 17 | XOSE XAQUÍN | GÓMEZ RODRÍGUEZ |
| 1S | CAROLINA | GONZÁLEZ RATEL |
| 2S | SANTIAGO | LEYENDA AMOEDO |
Dende Manifesto Miñor-En Marea apostan pola transparencia como eixo central dun goberno que permita a asistencia e participación da veciñanza e das asociacións veciñais nos Plenos da Corporación. “É urxente abrir o concello e escoitar ás veciñas e os veciños”.
Por outra banda, para Manifesto Miñor-En Marea é unha prioridade a conservación e protección do medio ambiente: “o monte debe converterse nun espazo multifuncional que supere o monocultivo de eucaliptos. Asemade, cómpre eliminar definitivamente a posibilidade dun Campo de Golf en Baredo e rexenerar a Foz do Miñor”.
“Baiona ten que apostar polo emprego de calidade, de xeito que a nosa mocidade non se vexa obrigada a emigrar. Para iso, temos que mellorar o transporte público no Val Miñor, coa Universidade e con Vigo. Os gobernos de dereitas de Baiona non se preocuparon polos problemas da veciñanza. Queda moito por facer!”, conclúen.

