Jesús Araújo e Eli Suárez tomarán o relevo de Del Río e Varela na corporación de Gondomar

Hoxe, 16 de abril, Jesús Araújo Nores e Eli Suárez Amarelo solicitaron as súas credenciais como concelleiros en Gondomar, ao ser as persoas ás que lle correspondía na candidatura de Gondomar Concello Aberto presentada en 2015, como se ratificou na asemblea celebrada onte.

Este feito prodúcese ante a dimisión de dous concelleiros do grupo o pasado venres, Pauliño del Río e Jimena Varela, aos que a asemblea agradece a inxente labor desempeñada nestes anos cunha coherencia absoluta, fidelidade á asemblea e unha traxectoria impecable, mostrando que hai persoas que están na política para servir ao ben común e non por ter un posto como xa fixeran ao abandonar o goberno municipal en febreiro de 2016.

Os novos concelleiros son a primeira e segundo da candidatura de 2019, escollida en primarias, e póñense a disposición da veciñanza para o que precise.

Anuncios