Acto público do BNG en Baiona

Este mércores 17 o BNG celebrará un acto público na súa sede na Rúa Laureano Salgado 20. Nel intervirán Juli Campos, membro da candidatura ás municipais; Iago Pereira, candidato á Alcaldía; e Guillerme Vázquez, membro da candidatura ao Congreso dos Deputados por Pontevedra.

Neste acto tratarase a necesidade de contar con voz propia no Congreso, para que o BNG volva a levar as cuestións que de verdade afectan á veciñanza. Así, cuestións como a recuperación da Batería de Silleiro ou a reubicación do Camping Bayona Playa para recuperar e poñer en valor a Foz do Miñor, dentro da Rede Natura 2000, só se abordaron cando o BNG obtivo representación no Congreso.

O BNG convida aos baioneses e baionesas comprometidos coa necesidade de contarmos cunha voz galega e para os galegos e galegas a que asistan a este acto, que comezará ás 20:00 horas deste mércores.

Anuncios