Galicia en Danza consegue 14 premios no Dance Worldcup Spain 2019

A escola de baile Galicia en Danza de Baiona, con 36 bailarinas e bailaríns de entre 6 e 17 anos e 27 coreografías dirixidas polas súas profesoras Sheila e Álida Loira Ferradás, acaban de conseguir un total de 14 premios no Dance Worldcup Spain 2019 celebrado no Palacio de Congresos e Auditorio Fórum Evolución de Burgos do 11 ao 14 de abril. Todos conseguiron medalla e clasificarse para a Final Mundial que se celebrará en Braga (Portugal).

Os premios foron en Contemporáneo, Modern, Jazz, Showdance, National, Acro, Hip- Hop e Song&Dance. Tres das coreografías galardoadas levaron un ouro, “Jump in the line”, “Esclavas” e “Tarantella”. Outras catro conseguiron a medalla de prata, “Get ready”, “París”, “Let’s get loud” e “Under pressure”, e sete a de bronce, “Erosmachine”, “La llorona”, “Arrival”, “Holding out for a hero”, “On the nature of daylight”, “West west west” e “Mamma Mia”.

Anuncios