Anuncios
Ticker de novas

Os socialistas de Baiona agradecen á Deputación ter resolto o problema do campo do Aral

FOTO: ERIZANA CF // Campo de fútbol do Aral.

Dende a Agrupación Socialista de Baiona queren agradecer o compromiso que ten a Deputación de Pontevedra, ao fronte da mesma, Carmela Silva do PSdG, por resolver en tan só 24 horas “o problema xerado polo Concello de Baiona no referente ao Campo do Aral”.

“Hai escasas 48 horas e despois de recibir as queixas que levaron á directiva do Erizana de suspender “sine die” as clases de fútbol base deixando a máis de 200 rapaces sen poder practicar deporte e do que dimos conta na prensa”, recordan os socialistas.

Destacan ademais que dende a Deputación de Pontevedra en tan só 24 horas deu por resolto o problema como confirmou Carlos Font, voceiro da Deputación Provincial, “que vén a confirmar a aposta firme polo deporte escolar dos Socialistas de Baiona e da provincia a través da Deputación”.

O candidato á alcaldía de Baiona do PSdG, Carlos Gómez, facía unhas declaracións hoxe pola tarde. “Hoxe quedou demostrado, unha vez máis, que hai dúas maneiras de facer política, unha como a que fai o Grupo de Goberno de Baiona, de costas aos veciños, e outra como a do PSOE, por e para os veciños. Cando non se sente, non se entende”.

Anuncios