Omar Rodríguez, bronce no Campionato de España Universitario

San Javier (Murcia) acolleu o venres o Campionato de España Universitario de Loitas Olímpicas. A Universidade de Vigo proclamouse subcampioa de España, grazas ás medallas de Ouro de Noelia Lalín e Pablo García, e as medallas de prata de Cristina Alves e Nerea Pampín. Pola súa banda, a Universidade de Santiago de Compostela, obtivo 2 medallas de bronce da man de Omar Rodríguez, baionés do Club de Loita Sabarís, e Dafne Nogueiras. A Universidade de Murcia proclamouse campioa, e completando o podio, en terceira posición, a Universidade de Xaén.

2019-04-14 - Universidad Santiago de Compostela

Anuncios