Obradoiro infantil de pulseiras de bolillos e charla sobre hortos ecolóxicos en Camos

A Asociación “A Camoesa” organiza este sábado día 13 de abril un obradoiro infantil de pulseiras de bolillos e unha charla sobre hortos ecolóxicos no Centro Cultural de Camos.

O obradoiro desenvolverase desde as 16:00 ata as 20:00 horas, gratis para os socios e cun prezo de 10 euros para os non socios, co material necesario incluído. As inscricións poden realizarse nos teléfonos 606 382 688 (Patri) e 659 090 225 (Susana). O aforamento é limitado.

A charla comezará ás 18:00 horas, e nela trataranse as técnicas de cultivo, como facer o noso propio compost, o control de pragas biolóxico, as plantas protectoras e a fauna favorable e como atraela. A entrada é libre.