Cortada unha rúa de Baiona ante o risco de desprendemento dunha xardineira

Cortada ao tráfico e ao paso peonil a céntrica rúa Cidade de Vigo en Baiona ante o risco inminente de desprendemento dunha xardineira de pedra de grandes dimensións situada na fachada do edificio situado no número 2, concretamente na terceira planta do inmoble. O inquilino da vivenda deu o aviso pouco antes das 17:00 horas. Ata o lugar desprazouse o GES do Val Miñor, a Policía Local e a Garda Civil, que procederon a acordoar a zona.

Anuncios