A baionesa Mireya Represa representará a España nos europeos de xadrez

A laroqueira Mireya Represa representará a España nos campionatos europeos femininos que se celebran na cidade turca de Antalya a partir de mañá xoves e ata o 22 de abril. A baionesa partirá no posto 96 do ranking inicial, e as partidas comezarán ás 15:00 horas a excepción da derradeira, que comezará ás 11:00 horas.

Décima xornada da liga galega de xadrez

Este pasado sábado celebrouse a décima xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división derrota do Laroca A na sede de Cotros ante o Grupo Nores Xadrez Marín por 1-3, punto conseguido por Artai Bringas. Con este resultado os miñoráns ocupan a quinta posición a falta dunha xornada para o remate da liga.

Na segunda división boa xornada para os laroqueiros, o Laroca B impúxose na sede de Cotros por 3-1 ao equipo do Xadrez Albatros B, puntos conseguidos por Patricio, Rafa y Araujo. Con este resultado seguen ocupando postos de descenso, e na derradeira xornada xogaranse a permanencia entre seis equipos, o que mostra a igualdade que hai nesta categoría.

Por outra parte o Laroca C conseguiu un empate no seu desprazamento a Vigo ante o Mosefesa, puntos conseguidos grazas á vitoria de Lino e as táboas de Chema e Jorge. Con este resultado ocupan a cuarta posición na clasificación.

A liga suspéndese ata o día 28 por mor da celebración dos campionatos galegos sub 8, sub 10, sub12, sub 16 e absoluto en Padrón, onde o Laroca terá representación na categoría sub 16 con cinco representantes.

Anuncios