Eixotolo organiza unha excursión á pasarela do Río Mao

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo organiza para o vindeiro domingo 12 de maio unha excursión á pasarela do Río Mao na Ribeira Sacra. A saída será ás 8:30 da mañá desde Porto do Molle, en Nigrán, con regreso previsto ás 20:30 horas. A andaina constará duns 18 quilómetros cunha dificultade media, con posible visita á necrópole de San Víctor.

O custo da viaxe é de 15 euros por persoa, ou de 18 euros incluíndo ademais dous bocadillos, dúas froitas, dúas augas e dúas madalenas. Para anotarse os interesados deben chamar ao teléfono 648 023 014. As prazas son limitadas e débese completar un autobús. Irán por orde estrita de inscrición, quedando as catro primeiras reservadas para os membros da organización.