O Siglo XXI de Vilariño, no Top 10 Internacional de dardos electrónicos

O Siglo XXI A de Vilariño vén de participar no Campionato Internacional de dardos electrónicos Radikal Darts, disputado en Lloret de Mar, onde conseguiron un máis que meritorio 9º posto. Guille, Fabi, Capelo, Freddy, Dani, Suízo e Dudu conseguiron entrar no Top 10 da máxima categoría, a Elite, na que participaban 32 equipos, quedando por encima dos americanos e outros moitos destacados.

“Por pequenos detalles non pasamos a máis, fallar un dardo aí mátache, un triplo que non metas estás morto”, comentaba Guille a ValmiñorTV. En total, sumando todas as categorías, participaron máis de 190 equipos chegados desde todos os recunchos do mundo, como Estados Unidos, Noruega, Austria, Alemaña, Francia ou Portugal, entre outros moitos.