Sin categoría

O equipo feminino do Turonia logra unha valiosa vitoria no derbi da zona sur

O campo da Gándara en Chaín acolleu o sábado os encontros de Fútbol Gaélico disputados polos dous equipos do Turonia GFG.

Na categoría masculina, o conxunto do Turonia non conseguiu estar cómodo no partido xa desde o seu inicio. Porén, até os últimos minutos da primeira parte o encontro mantívose igualado. Un gol do equipo visitante pouco antes do descanso marcaba unha vantaxe de 5 tantos para Dorna ao final da primeira parte.

Na segunda parte, o equipo local, totalmente desdebuxado, foi incapaz de facer fronte ao equipo da Arousa, que conseguiu levar o partido comodamente grazas a varios goles fáciles e a ineficacia do xogo ofensivo do Turonia. Resultado: Turonia 2-08 v Dorna 4-09.

Na categoría feminina, partido moi disputado no derbi da zona sur entre Turonia e Keltoi. As xogadoras locais conseguiron vantaxe no marcador desde os primeiros minutos. Con todo, a oposición mostrada polo equipo vigués non permitía un momento de descanso para o Turonia. Dous goles do conxunto de Gondomar dáballes no descanso unha vantaxe de 7 puntos.

Na segunda parte, Keltoi apertou o marcador con dous goles a balón parado e unha intensa defensa sobre a dianteira do Turonia. Porén, o equipo local soubo administrar a vantaxe para lograr unha valiosa vitoria que confirma a boa progresión do equipo debutante nesta segunda volta da liga. Resultado: Turonia 4-13 v Keltoi 2-13.

2019-04-08 - Turonia vs Dorna 6-4-192019-04-08 - Turonia vs Keltoi II 6-4-19