Nigrán asesora aos pensionistas que desexen participar no programa de balnearios da Xunta

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán informa que a Consellería de Política Social, convoca o programa “Benestar en Balnearios 2019”. Poderán ser beneficiarios deste programa as persoas maiores de 60 anos ou pensionistas con 55 anos cumpridos.

As quendas terán unha duración de 10 días (9 noites) en réxime de pensión completa e desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. Os desprazamentos desde o domicilio ata o establecemento termal correrán a cargo dos beneficiarios.

Balnearios seleccionados: Acuña, Arnoia, Augas Santas, Baños de Brea, Baños de Molgas, Caldelas de Tui, Carballiño (Gran Balneario), Carballo, Cuntis, Lobios, Laias, Río Pambre, Termas Romanas e Mondariz.

O modelo de solicitude está dispoñible no departamento de Servizos Sociais de Nigrán e o prazo para presentalo finaliza o 30 de abril.

Anuncios