O benxamín do CB Nigrán campión da liga regular

O equipo benxamín do CB Nigrán proclamouse esta mañá campión da liga regular despois de manterse invicto ao longo de toda a tempada. O equipo está formado por un total de 11 xogadores e xogadoras procedentes das escolas que o club ten nos diferentes colexios de Nigrán e Gondomar.

Desde novembro, mes no que comezou a camiñar a liga , o equipo benxamín do CB Nigrán experimentou unha notable melloría que se puido visualizar partido a partido grazas a unha magnífica actitude mostrada na pista por parte dos nenos e nenas e ao excelente traballo levado a cabo polo seu adestrador, Víctor Alonso, xogador de liga EBA de Porriño, e de María Fernández, xogadora júnior do CB Nigrán que axudou a Víctor no seu labor ao longo de toda a tempada e que recibirá hoxe ademais un premio na Gala do Deporte de Gondomar.

Este título supón outro éxito do CB Nigrán que en tan só 5 tempadas converteuse nun club de baloncesto de referencia no Val Miñor.

Anuncios