Viaxe organizada para realizar o Camiño Portugués da Costa con saída desde Baiona

As Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona organizan unha saída para a realización do Camiño Portugués da Costa cunha duración de 4 días e 3 noites con saída desde Baiona o 18 de abril. O prezo é de 50 euros por persoa, incluíndo aloxamento en pavillóns, avituallamento, guías e seguro.

Algúns dos puntos de interese que se visitarán durante o traxecto son, ademais dos de Baiona, a Illa de San Simón, o Castelo de Soutomaior, a fervenza do Río Barosa e o Pazo de Faramello, entre outros.

Aqueles que desexen anotarse deberán pedir información no Pavillón Municipal de Baiona e dispoñerán de prazo ata o 8 de abril.

A actividade realízase como unha oportunidade para poder coñecer o Camiño Portugués da Costa e que os veciños se animen a vivir esta experiencia inesquecible, que ademais de estar totalmente organizada. É unha oportunidade única, que segundo din os peregrinos, une a aquelas persoas coas que o compartes.