Concerto de Multiplensemble no IES Auga da Laxe

Este venres 5 de abril continúa o III Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, dirixido por Sergio Álvarez, que se celebra o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño.

Nesta ocasión será un concerto de Multiplensemble, formado por Rafael Yebra (saxos) y David Rodríguez (percusión), que interpretarán un repertorio de música contemporánea a partir das 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá merchandising.

Anuncios