Belén Rodríguez e Óscar Zapata, de Baiona, revalidan o título de campións de España de bolo celta por parellas

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Belén e Óscar.

Esta fin de semana xogouse nos campos de bolos de a Casa de Cultura de Camos o Campionato de España de bolo celta, modalidade por parellas mixtas. Con este torneo rematan os Campionatos de España da tempada 2023. Os resultados finais foron os seguintes:

  • Campións de España a parella formada por Belén Rodríguez e Óscar Zapata do club de bolos Rega de Sabarís-Baiona.
  • Subcampións a parella Sandra Suárez e Manuel González (Lu), de Tineo-Asturias.
  • Terceiros, Davinia Dios e Alberto Martínez dos clubs de bolos Portameán e Belesar Urgal de Baiona.
  • Cuartos, os irmáns Paula e Miguel López do club de bolos Xove.

O vindeiro torneo, modalidade por parellas, nivel nacional, xogarase o día 14 de outubro en Cangas del Narcea-Asturias (torneo da vendima).