A Presidencia do Parlamento de Galicia, a Asociación de Ex Parlamentarios/as e o departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia do CPI de Cova Terreña organizaron unha charla-coloquio no salón de actos do centro. Nesta sesión divulgativa que tivo como obxectivo que o alumnado de 3º de ESO coñecera de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia, ex deputados/as explicaron as funcións desta cámara, a súa composición e órganos e contestaron ás preguntas do alumnado asistente. A charla complementouse cunha proxección audiovisual, que fixo un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia. Neste acto participaron os ex deputados Manuel Barros Puente (PSdeG), Olaia Fernández Davila (BNG) e Manuel Pérez Álvarez (PPdeG).
Alumnos do CPI Cova Terreña coñecen de preto o traballo do Parlamento de Galicia

